Mostrando entradas con la etiqueta castelo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta castelo. Mostrar todas las entradas

viernes, 22 de octubre de 2010

Morelli



<<(...) A palabra, entón, salvagarda, sementa e recolle, naquel tempo fuxinte no que se había perder todo.
Vivimos nun mundo de hitos ou sinais, que son a achega de todo este proceso que chamamos "humanización". Este entramado ha ter, á forza, un carácter fortemente pechado, xa que calquer intromisión daquilo "outro" cuestionará a necesidade ou a validez de todo o sistema. Neste sentido, é crucial comprender, en primeiro lugar, a existencia de mecanismos determinados que teñen por obxecto manter o carácter pechado do sistema, protexelo fronte a elementos externos ou sediciosos; en segundo lugar, a permanente insuficiencia destes mecanismos, como veremos, á hora de neutralizar totalmente as potencias negadoras da unidade do discurso fronte ao Outro.>>

domingo, 17 de octubre de 2010

Castelo

 Formas case orgánicas no granito do monte Castelo (Viveiro).
 No sector das antenas, as vías son algo máis desplomadas que na capela. En conxunto a zona é bastante variada, e o entorno moi bonito (aínda que húmido). Constitue unha alternativa interesante á escola da cova do Rei Cintolo en Mondoñedo...  e polo que nós sabemos, non hai moito máis onde elexir nesta zona.
Onte pola tarde só nos deu tempo a atopar o sector das antenas e a escalar El nido, todo no medio de pequenos chubascos. Pese á humidade, a adherencia deste granito é perfecta. Volveremos para coñecer un pouco mellor o lugar.
El nido, fisura con saída en romos (6b).

Fotografía da impresionante panorámica que se vía ao baixar do Castelo. Parece pintada por Turner...