domingo, 17 de octubre de 2010

Castelo

 Formas case orgánicas no granito do monte Castelo (Viveiro).
 No sector das antenas, as vías son algo máis desplomadas que na capela. En conxunto a zona é bastante variada, e o entorno moi bonito (aínda que húmido). Constitue unha alternativa interesante á escola da cova do Rei Cintolo en Mondoñedo...  e polo que nós sabemos, non hai moito máis onde elexir nesta zona.
Onte pola tarde só nos deu tempo a atopar o sector das antenas e a escalar El nido, todo no medio de pequenos chubascos. Pese á humidade, a adherencia deste granito é perfecta. Volveremos para coñecer un pouco mellor o lugar.
El nido, fisura con saída en romos (6b).

Fotografía da impresionante panorámica que se vía ao baixar do Castelo. Parece pintada por Turner...

No hay comentarios:

Publicar un comentario