jueves, 28 de octubre de 2010

La última estación



La última estación (Michael Hoffman, 2009) é un filme que se enmarca na última etapa da vida de Tolstoi (Christopher Plummer), recluído e dedicado por completo a realizar o ideal de vida sinxela que expresara na súa obra. A historia plantexa a tensión entre o humanismo e a complexidade das propias relacións humanas, e a través dos ollos do seu xove pupilo Valentin (James McAvoy) asistimos á lenta debacle do vello Tolstoi, enfrontado a contradiccións irreconciliables.

A película trata da liberdade humana, da creación, da morte e do amor, e de todos os temas ancestrales do drama, pero cun enfoque bastante desenfadado e ata divertido. Non é un plantexamento orixinal, e sen embargo pareceume unha peli moi boa. Simplemente está ben feita; xenialmente plantexada na profundidade da súa temática (podemos dicir que se apoia na figura de Tolstoi para plantexar os conflictos que conforman o argumento, desinteresándose bastante do contexto histórico e demáis), e que se sustenta nuns personaxes entrañables e ben construidos, entre os que destaca a interpretación de Helen Mirren no papel de Sofya Tolstoi.



Sofya é un deses personaxes que non admite términos medios, e seguramente non poderemos pasar indiferentes respecto dela. De feito, as dúas protagonistas femeninas son a pura encarnación da intelixencia, e tamén o fío conductor da historia.


 
 En fin, unha peli moi recomendable, e a mellor que vin na última temporada.

Info
http://www.imdb.com/title/tt0824758/

Descarga
http://www.taringa.net/posts/tv-peliculas-series/7644129/La-Ultima-Estacion-_DVDRip_Castellano-AC3_Drama_.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario