miércoles, 13 de octubre de 2010

Frangos portugueses (pt. II)

Unha vez que chegamos a Sagres, por varios motivos, non escalamos demasiado; sen embargo, hai fotos bonitas xa que o lugar vale realmente a pena. 
Punto de encontro para surfistas de todas partes de Europa, en Sagres comezou hai uns anos a desenvolverse un aínda enorme potencial para o psicobloc. Polo momento hai dúas zonas principais: Ponta Garcia e a praia Ingrina. Esta última resulta ser a máis accesible aos neófitos, tanto pola facilidade de aproximación, como polo grao asequible das súas vías e a súa escasa altura (en torno aos 12 metros de media).
No bar Dromedario podes atopar toda a información que precisas para escalar en Sagres.

A cova, sector principal da praia Ingrina.


Sen embargo, e aínda que o tempo no Algarve era bo, no resto da península había unha especie de pequeno temporal, algo que quedaba claro atendendo ao estado do mar. Aínda que en apariencia non había ondas moi grandes, cando viña a serie grande provocaba impresión mesmo estar cerca da cova, quedando as vías totalmente molladas co bater das ondas. Asique nos quedamos tomando o sol, e mirando para a cova con cara triste e sabendo que non íamos poder escalar.
A cova despois da serie.

Caras tristes.

Un curioso pozo que ía dar ao mar.
Asique ao final adicámonos a pasear, e ao cabo fumos para a praia de Beliche, onde alguén propuxo uns pasos de bloque nun desplome, e estivemos toda a tarde entretidos con aquel pedaciño de rocha, para espectáculo dos turistas e surfistas que alá se foron congregando. Un par destos últimos mesmo se animaron a probar uns pasiños, ao vernos tan absortos.
Incrible moto dun dos pescadores da zona de Ingrina

Iago na praia de Beliche

Beliche
A escalada deportiva en Sagres faise nos impresionantes acantilados que forman toda a súa liña de costa. O principal problema é o acceso, que en moitos casos só é posible mediante rápel, ou ben accedendo á base das vías cunha lancha hinchable ou similares. Moitas veces non hai (ou non vimos) unha plataforma abaixo onde asegurar ao escalador, co cal o asunto adquire unha aparatosidade considerable. Como tampouco tiñamos nada que flotase, decidimos deixar os acantilados para outra ocasión máis propicia. Á vista das fotos, quizáis vaia a pena facer unha visita un pouco máis longa e con mellor tecnoloxía (náutica).






Finalmente chegou a chuvia a Sagres, e entón pensamos que quizáis era momento de volver. Asique volvimos para o coche, e fixemos unha parada de novo en Cascais, onde milagrosamente aguantaba de día sen chover, a pesar de que de noite diluviaba e relampagueaba. Alá fumos directos á Escola da Guia, e logo pasou o que contei en "Levitaçao"... co cal, iso foi máis ou menos todo. Non fumos a Sintra máis que de pasada ao final, (co cal a colchoneta quedou de incómodo adorno, e tamén de cama, aínda máis incómoda nesta outra faceta) e é que o mal tempo limitounos bastante en todo momento. Asique haberá que volver...

No hay comentarios:

Publicar un comentario